Biografía



Abraham Carreiro Fernández. Vigo 1981.
Cursei catro anos de estudos en Artes Gráficas na escola Joso de Barcelona e un ano de especialización en ilustración de libros na escola Massana.
Actualmente traballo como debuxante, ilustrador e deseñador gráfico.
Teño publicados:
Estudios Tex. O mundo dos debuxos animados; Xoeliki as aventuras dun ciberpirata, premiado na novena edición do Premio Literario Frei Martín Sarmiento, na categoría xuvenil; A colección Contos que len outros nenos do mundo; A fortuna de Bartolomeu ; Un sol de Mascota; Xanardán e a becha ; Grandes contra pequenos ; O corvo do chapapote; Os pequenos Barbanzóns ( Ed. Toxosoutos); a mascota Lepi, para a biblioteca do concello de Ames; a revista dixital de humor gráfico “kkrak rebélase o galiñeiro”; debuxos para o cómic da revista Podem ( www.podem.cat); viñeta mensual para a revista Tempos Novos e a historia de cómic Juppy que Vicio premiada no salón de Historias em Quadrinhos de Sao Paulo.
O conto infantil As espiñas do porco espiño da colección Contos que len outros nenos do mundo, foi premiado polos nenos e nenas na oitava edición do Premio Literario Frei Martín Sarmiento na categoría infantil.

Podedes saber máis de min nos seguintes enlaces:
http://dioivo.eu/creacion/1171-unha-sociedade-amedrentada-e-moi-manexable

https://www.google.es/search?q=abraham+carreiro&ie=utf-8&oe=utf-8&aq=t&rls=org.mozilla:en-US:official&client=firefox-a